IniciosociedadeA Plataforma Sanitaria da Mariña reclama a recuperación da área sanitaria "que...

A Plataforma Sanitaria da Mariña reclama a recuperación da área sanitaria “que o PP e o goberno da Xunta eliminaron”

Denunciáronse as listas de espera de até "dous ou tres anos para consultas como cardioloxía, traumatoloxía, uroloxía, reumatoloxía ou para facer unha ecografía".

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma Sanitaria da Mariña convocou este martes unha rolda de prensa onde presentou publicamente a manifestación do día 19 de xaneiro. Esta manifestación percorrerá a localidade de Burela desde a súa saída da entrada principal do Hospital da Mariña, ás 20 horas, baixo o lema “Contra o Desmantelamento da Sanidade Pública”.

MOTIVOS PARA SAÍR Á RÚA

A Plataforma chama a mobilizarse masivamente “porque seguimos a reclamar a recuperación da área sanitaria que o PP e o goberno da Xunta eliminaron”. Este féito valórano como unha medida tomada de xeito unilateral e sen contar coas maiorías sociais, que “nos opuxemos frontalmente liderando a loita social que naqueles momentos se desenvolveu no país”.

A Plataforma denuncia que esta decisión trouxo consigo a centralización da maior parte dos servizos na macroárea da capital, “afastando a asistencia sanitaria das persoas”. Actualmente “cinco anos despois deste espolio, a nosa sanidade pública é mais precaria, máis alonxada das persoas, e está proxima ao seu total desmantelamento“.

EIVAS ATENCIÓN HOSPITALARÍA

Durante a rolda de prensa denunciáronse as listas de espera de até “dous ou tres anos para consultas como cardioloxía, traumatoloxía, uroloxía, reumatoloxía ou para facer unha ecografía”. Derivacións a Lugo para probas como radiografías panorámicas dentais, densitometrías, electromiografías ou intervencións coma marcapasos ou varices.

Denuncian a falta de servizos básicos como unha consulta de cirurxía vascular e a carencia de terapia ocupacional ou de fisioterapia respiratoria infantil. En Saúde Mental , e como consecuencia directa de carecer de Área Sanitaria propia, non se dispón de Unidade de Prevención de Suicidios nin do Hospital de Día Infantoxuvenil, unidades recentemente creadas en Lugo. “A logopedia sigue a estar en mans privadas”.

ATENCIÓN PRIMARIA 

Neste apartado falan de esperas de quince días para poder acceder a unha consulta. Segue sen substituirse o persoal ausente por permisos, vacacións ou baixas chegando asitucións insostibles para os centros. Isto trae que máis do 50% dos médicos de familia estean sen cobertura, “centros cun só facultativo dun total de dez e mesmo centros sen ningún facultativo”.

Por último, a recollida de sinaturas en apoio da ILP de Medidas Urxentes para e Fortalecer a Atención Primaria está a ser “un éxito tanto no país como na Mariña”. A recollida seguirá ata despois da manifestacióna para xa entregalas no Parlamento sobre finais de xaneiro ou principio de febreiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...