InicioCentralBurelaCurso gratuíto de atención sociosanitaria en domicilios impartido en Burela

Curso gratuíto de atención sociosanitaria en domicilios impartido en Burela

A concelleira de Servizos Sociais, Carmela López, explica que “a parte teórica será impartida no Centro de Formación do Concello".

Publicada o

- Advertisement -

O Centro de Formación do Concello de Burela acollerá un curso gratuíto de atención sociosanitaria en domicilios, que organiza a empresa IDADES SL.

Todas as persoas interesadas en traballar no sector poden inscribirse ata o 1 de febreiro ás 14 horas. O curso consta de 20 horas teóricas e 100 horas prácticas. A concelleira de Servizos Sociais, Carmela López, explica que “a parte teórica será impartida no Centro de Formación do Concello. Deste xeito colaboramos coa empresa concesionaria do Servizo de Axuda no Fogar do noso concello coa intención de formar a persoas interesadas laboralmente nun sector moi necesario e en crecemento garantindo a calidade do servizo”.

As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao teléfono 615 667 303, ao correo electrónico libertad@idades.es ou achegarse persoalmente á Avenida Arcadio Pardiñas, 137-Entreplanta 5, de Burela.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...