Habilitan un plan de transporte por estrada entre Ribadeo e Viveiro/Cerdido polo cesamento da circulación ferroviaria

A N-642 está cortada ao tráfico desde a noite deste venres por un "embalsamento de auga".


A circulación ferroviaria entre Burela e Ribadeo –na relación de Ancho Métrico Ferrol-Xixón/Oviedo– continúa suspendida desde este sábado por “perigo de desprendemento” tras o derrube dunha parte da N-642, á altura do acceso a Burela desde Foz, debido a unha focha producida polas fortes choivas dos últimos días.

Ante isto, Adif trasladou que estableceu un plan alternativo de transporte por estrada entre Ribadeo e Viveiro/Cerdido para os pasaxeiros que empreguen esta liña ferroviaria, que discorre en paralelo á estrada cortada.

A N-642 está cortada ao tráfico desde a noite deste venres por un “embalsamiento de auga derivada dos últimos episodios de intensas choivas na marxe esquerda desta estrada e a aparición de gretas e unha focha, no punto quilométrico 42,3”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here