InicioCentralBurelaAlfredo Llano sobre a focha da N-642: "Drenouse unha gran cantidade de...

Alfredo Llano sobre a focha da N-642: “Drenouse unha gran cantidade de auga, aquilo era unha auténtica lagoa”

Confía en que a próxima semana conclúan os traballos de drenaxe na estrada.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, confía en que a próxima semana conclúan os traballos de drenaxe na focha da estrada N-642, para logo poder iniciar as obras sobre o carril afectado.

Así, Llano destacou que os operarios “se están dando présa” con estes traballos, polo que calcula que “para a semana que vén” poderían estar rematados. No entanto, evitou dar un prazo para a posta en servizo da vía de forma definitiva.

“Están os técnicos traballando. Van apurar o máximo para concluír coa drenaxe e compactar o terreo. Esperamos que se faga en pouco tempo”, reiterou. “O importante é que flúa a auga e non se volva a acumular nese punto”, engadiu.

Tal e como explicou o rexedor, “sospeitábase que podía haber unha bolsa máis de auga escondida e que puidese rebentar”, aínda que este “non foi o caso”. “Drenouse unha gran cantidade de auga, aquilo era unha auténtica lagoa. Librouse moita auga, da bolsa que rebentou e provocou a focha”, pormenorizou.

O rexedor burelense destacou que a circulación na zona está a ser “fluída, aínda que ás veces hai concentracións” durante a mañá e ao mediodía, “que é cando a xente vén traballar”. Finalmente, apremou ao Goberno central para que apure a construción da A-74, ou autovía da Mariña, e á Xunta, polo corredor mariñán.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...