InicioCentralBurelaCarmela López Moreno: "aprendín moito sobre xestionar a participación cidadá e tamén...

Carmela López Moreno: “aprendín moito sobre xestionar a participación cidadá e tamén como coordinar un grande equipo de persoas”

Carmen López Moreno será a candidata do PSdeG-PSOE en Burela para as próximas eleccións municipais. Nacida e criada nesta localidade da costa, até o de agora desenvolveu o seu traballo de xestión política nas áreas de Servizos Sociais e Mar. López Moreno describiunos algúns elementos necesarios para a conxunción de dous terreos aparentemente moi diferenciados.

Publicada o

- Advertisement -

-Es a responsable da Concellaría de Mar e Servizos Sociais, dúas áreas importantes para o Concello de Burela. Cales son as experiencias que recolliches nesas dúas áreas e que lle dan valor á candidatura do PSOE burelés?

Servizos sociais, por exemplo, foi unha área moi importante durante a pandemia. Eu chegara en febreiro de 2020 e xa en marzo darme con ese reto de enfrontarte a unha pandemia fixo que traballara cun grande equipo de persoas. Isto permitiu poder estar en contacto con empresas, entidades e asociacións para poder coordinar todo e que funcionase ben. Foi o primeiro impulso, reto e aprendizaxe de moitos meses e traballo de moitas horas. Iso foi o primeiro que me achegou á política e ao funcionamento desa área. Ademais diso e das competencias da propia área de Servizos Sociais, estivo a guerra de Ucraína, pois Burela foi un dos concellos receptores de refuxiados, aquí viñeron catro familias, por tanto, tamén foron uns meses moi intensos en canto preparar documentación, de asentamento e facilitación. Aí tamén aprendín moito sobre xestionar a participación cidadá en ambos casos e tamén como coordinar un grande equipo de persoas.

-Sobre a área de Mar, un sector importantísimo para Burela, cales son as impresións recollidas durante o teu período á fronte deste departamento municipal?

Sobre a área de Mar debo destacar que teño unha vinculación moi forte co sector e formar parte de Expomar como secretaria tamén abre unha canle de información. Isto é así porque estás nunha fundación caracterizada por recoller forzas de diferentes sectores, que é cara onde se trasladan cuestións relativas ao sector do mar e outras áreas relacionadas ademais das cuestións que apareceron nos últimos tempos. Tiven a sorte de acudir á xuntanza cando veu o ministro de Pesca, Luis Planas, e creo que o noso goberno esta facendo un gran labor para reverter a situación e minimizar o impacto negativo. Penso que é importante seguir defendendo un sector tan importante para Burela e para moitos outros lugares. Tamén a UE debera ser sensible e entender que ás veces o que soporta un papel non ten por que axustarse totalmente á realidade. Por iso apoio ao sector desde a miña posición, mesmo acudindo a todas aquelas reunións e xuntas onde poida asistir para poder defendelo.

Eu cheguei en febreiro de 2020 e xa en marzo darme con ese reto de enfrontarte a unha pandemia fixo que traballara cun grande equipo de persoas

-Cando decidiches entrar en política, sentiches algún tipo de distanciamento por parte dalgunhas persoas que te coñecían?

Non, nunca. Eu en Burela síntome moi respectada e moi querida, estou vinculada a asociacións desde que son moi nena porque son unha persoa moi activa e participativa. Por iso digo que nunca sentín rexeitamento ningún por parte da veciñanza de Burela, ao revés, sempre me sentín moi apoiada. Mesmo agora estou sorprendida pola cantidade de mensaxes de apoio e ánimo por dar este paso, pois está cargado de moita responsabilidade e dá moito respecto. Sinceramente, en Burela sempre me sentín moi valorada e moi respectada.

-Se falamos de economía, sería necesario diversificar a economía burelesa para abrir máis posibilidades a máis sectores?

Desde logo que é necesario, e está sobre a mesa agora mesmo, o feito de barallar todas as posibilidades que existen para darlle a volta a unha situación que non só vivimos en Burela, senón en toda a Mariña. Estanos afectando moito e iso é un: por suposto. Estar tres anos nun goberno local permíteche coñecer a administración pública por dentro, poñer sobre a mesa as problemáticas que hai e por onde se debe tirar, quero dicir, aprendes por que camiños debes ir. A política é un instrumento que che permite realmente modificar e cambiar cousas. A min paréceme unha ferramenta moi interesante se se executa ben.

-Burela é un concello con 10.000 habitantes e cunha gran variedade cultural. Como che gustaría xestionar todo un abano de nacionalidades diferentes cada unha aportando o seu gran de area?

Ben, para iso temos unha área concreta, a de Inmigración, cunha traxectoria de varios anos no noso concello e cun técnico destinado exclusivamente para este terreo. Como xa dixen, durante a pandemia tiven a oportunidade de achegarme a este sector da poboación que pola súa idiosincrasia propia, igual nos custaba algo máis achegarnos a eles. Na nosa vila, por como está organizado o Concello, por ter unha área exclusiva para destinar recursos propios que se facilitan á inmigración, que é o 10% da nosa poboación, todo iso debe sumar, todas estas características deben sumar en Burela, porque é importante poder integrar e poder traballar con fluidez desde o Concello e estamos preparados para iso.

Penso que é importante seguir defendendo un sector tan importante para Burela como é a pesca

-Á parte da pandemia, que outros puntos debiches tratar con intensidade durante este tempo na concellaría?

Un proxecto que tivo moita sona foi Burela Inn, un proxecto bianual que aunou os servizos sociais e todas as entidades vinculadas coa miña área competencial, con todas as asociacións, con todas as entidades vinculadas ao mar. Grazas a este proxecto conseguimos facer un traballo en conxunto que finalmente deixou unha forte pegada en Burela a nivel visual. Digo isto porque a área de servizos sociais non é un departamento moi visual, e iso que axudamos case a cen persoas, cen familias de Burela a través da libre concorrencia. Sacamos un novo contrato de Servizo de Axuda no Fogar que permitise unha mellora importante nas condicións das traballadoras dese servizo. Por último, estes días estamos levando adiante un proxecto de formación con esta empresa, porque consideramos que o traballo das auxiliares de axuda no fogar está á orde do día, é unha boa oportunidade de traballo e sobre todo loitando pola melloría para elas a nivel laboral. Estou satisfeita da melloría laboral para estas mulleres e que poidan formarse todas as que queiran, pois este taller de formación está aberto a todos os concellos e comeza a semana que vén.

Sacamos un novo contrato de Servizo de Axuda no Fogar que permitise unha mellora importante nas condicións das traballadoras dese servizo

-Cando soubeches que Alfredo Llano non repetiría candidatura, que che pasou pola cabeza?

O certo é que sorpresa, pois eu pensaba que se retiraría en política mais logo xa nos explicou que para el a educación era importante e comprensión.

-Como describirías a Alfredo Llano?

Ten unha maneira de ser moi positiva e conciliadora.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...