InicioCulturaXa están á venda as entradas para ver a ópera "El Barbero...

Xa están á venda as entradas para ver a ópera “El Barbero de Sevilla”, única actuación na provincia de Lugo

O edil de cultura burelés, José Díaz resaltou que “é a única representación desta ópera que a compañía LGAM ofrecerá na provincia de Lugo".

Publicada o

- Advertisement -

Xa están á venda as entradas para a ópera El Barbero de Sevilla, que chegará a Burela o vindeiro 2 de abril ás 19 horas.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, dixo que “as entradas para gozar desta ópera de primeiro nivel no auditorio municipal de Burela xa se poden mercar en ataquilla.com”.

O edil burelés subliñaba o día da presentación deste evento que “El barbero de Sevilla é outra das grandes óperas, xa que está entre as oito mellores de todos os tempos, segundo os críticos musicais. É unha opera de Rossini que se considera bufa, en ton de comedia; das óperas bufas é a máis importante de todos os tempos sen ningunha dúbida. Estreouse en 1816 no teatro Argentina, de Roma, e a partir de aí representouse en innumerables ocasións en moitos teatros moi importantes de todo o mundo. É unha ópera accesible á maioría da xente; hai óperas complicadas de seguir, pero esta enténdese moi fácil: é unha relación entre dúas persoas e unha terceira que lles axuda a estar xuntos a pesar de que estea en contra outra persoa tamén importante na actuación; e as melodías son moi coñecidas”.

Díaz resaltou que “é a única representación desta ópera que a compañía LGAM ofrecerá na provincia de Lugo. Animamos aos amantes deste xénero a aproveitar esta oportunidade para achegarse a Burela”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...