Concentración en Burela para mostrar a repulsa contra o asasinato machista de Beatriz Lijó en Baiona

O alcalde burelés, Alfredo Llano quixo deixar constancia da "nosa solidariedade coa familia da vítima, Beatriz Lijó,que sufriu o ataque da súa ex parella diante dos fillos de ambos”.


A praza do Concello de Burela acolleu esta mañá unha concentración en repulsa polo asasinato machista de Beatriz Lijó, cometido o pasado domingo en Baiona pola súa ex parella.

Empregados municipais, veciñanza, o alcalde, Alfredo Llano, e os concelleiros de Obras, Turismo e Festexos, Ramiro Fernández, José Díaz e Toñi Eijo, asistiron á convocatoria realizada polo Concello burelés.

O rexedor dixo que “quixemos deste xeito amosar a nosa repulsa polo primeiro asasinato machista cometido neste 2023 en Galicia. E a nosa solidariedade coa familia da vítima, Beatriz Lijó,que sufriu o ataque da súa ex parella diante dos fillos de ambos”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here