Un total de 80 voluntarios recollen 300 quilos de residuos en praias de Burela

Esta foi a terceira das accións de limpeza de residuos en praias levadas a cabo no seo de Plancto no que vai de ano

Praia de Portelo. TURISMO DE GALICIA

Un total de 80 voluntarios organizados por Afundación recolleron este sábado case 300 quilos de residuos en praias do municipio lucense de Burela. Esta xornada levouse a cabo no marco do programa Plancto (Plan de Conservación Territorial ON), en colaboración co Concello de Burela. Así, os voluntarios limparon residuos das praias da Marosa e O Perdouro.

A actividade contou coa participación de persoas voluntariasde a Fundación Eu Son, a Asociación de Saúde Mental A Mariña, e a Confraría de Pescadores de Burela, así como persoas socias do Espazo +60 Afundación de Viveiro.

Entre os residuos retirados, restos de aparellos e outros obxectos plásticos extraviados durante o exercicio da pesca, como poden ser boias e sedelas enmarañadas, e anacos de redes, cabos, cordas e cabitos, pero tamén refugallos procedentes do continente, especialmente cabichas, diferentes tipos de envases metálicos, de plástico ou de vidro, tapas e tapóns de botes e botellas ou obxectos relacionados coa hixiene persoal, etc.

Esta foi a terceira das accións de limpeza de residuos en praias levadas a cabo no seo de Plancto no que vai de ano, un plan de conservación territorial que forma parte da estratexia de sustentabilidade da Obra Social de Abanca e que ata agora leva xa retiradas máis de 28 toneladas de refugallos de diferentes enclaves da costa galega.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here