InicioCentralBurelaBurela organiza actividades dentro do programa de atención a inmigrantes de cara...

Burela organiza actividades dentro do programa de atención a inmigrantes de cara a unha mellor integración

A concelleira de Inmigración, Noelia Mª Ben, explicou que “se trata dun curso para preparar a proba de coñecementos constitucionais e socioculturais de España para a consecución da nacionalidade española".

Publicada o

- Advertisement -

O programa de atención a inmigrantes da Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración de Burela está a organizar varias accións formativas para axudar a alcanzar un bo grado de integración ás persoas estranxeiras. Están financiadas pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo.

A concelleira de Inmigración, Noelia Mª Ben, explicou que “se trata dun curso para preparar a proba de coñecementos constitucionais e socioculturais de España para a consecución da nacionalidade española. A temática deste curso é coñecer o Goberno, a lexislación e a participación cidadá, os dereitos e deberes fundamentais e a organización territorial e xeografía física e política de España, ademais de coñecer a cultura, a historia e a sociedade española. Con esta formación trátase de axudar a preparar a mencionada proba esixible para a obtención da nacionalidade española. Este curso terá unha duración de 50 horas”.

A edil burelesa indicou que “organizamos tamén un curso de Habilidades Dixitais Básicas, cunha duración de 20 horas, dirixido principalmente para ir coñecendo o uso das novas tecnoloxías e ir perdendo o medo a realizar accións tan necesarias na actualidade para poder dirixirse a distintas institucións ou entidades e poder realizar diversos trámites do día a día, cuestións coas que moitas veces non se están moi familiarizados”.

As persoas interesadas en obter máis información sobre estes cursos poden dirixirse á Casa do Concello ou chamando por teléfono aos seguintes números: 982 58 60 00 / 982 58 06 09.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

ACISA Ribadeo suma case 30 novos asociados en 2023

Acisa Ribadeo suma case 30 novos negocios asociados neste ano 2023, cifra record de...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...