O concelleiro de Cultura, José Díaz, subliñou a gran acollida do musical que onte se celebrou en Burela e agradece o apoio do público aos eventos de calidade.
O edil burelés dixo: “quero resaltar o éxito desde Cultura e a nivel persoal do musical dos 80 e dos 90 celebrado na tarde de onte. Cheo absoluto da Casa da Cultura, con participación da xente. O musical prolongouse por espazo de dúas horas. Eu xa o coñecía e sei que a duración era dunha hora e trinta e cinco minutos, tiven a oportunidade de falar cos actores e cos músicos e quedaron moi contentos coa resposta do público de Burela, que adoita ser así. En eventos de calidade o público responde”.
Díaz indicou que “levamos oito anos educándonos para isto e sabemos valorar as cousas boas e esta é unha. Quero resaltar a acollida e agradecer ao público que enche estes eventos, leste foi un novo cheo e xa van uns cuantos. Agradecer á xente o esforzo de achegarse a gozar destes espectáculos, de pagar a súa entrada e de estar aquí”.
O concelleiro de Cultura anunciou que “aínda nos quedan unhas cantas sorpresas antes de irme, antes do 28 de maio, e espero que repitamos estas reunións de público, sobre todo coa ópera que se aproxima, con Luís Piedrahita ou con José Antonio Touriñán ademais dalgunha cuestión máis”.