O histórico grupo de folk Milladoiro dará un concerto na Casa da Cultura o 13 de maio ás 20:30 horas no que presentará o seu último disco Atlántico e fará un repaso polos seus mellores temas. As entradas xa están á venda.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, explicou que “desde a Delegación de Cultura queremos anunciar que xa están á venda as entradas para o concerto que teremos o 13 de maio. Aproveitaremos esa actuación para conmemorar as Letras Galegas, pola proximidade de ambas as datas. Como concerto estrela teremos a Milladoiro, un grupo dabondo coñecido que conta cunha ampla historia na música tradicional galega. Levan máis de 40 anos, van para 50, nos escenarios recibindo moitos premios e galardóns, actuando en sitios moi ilustres e probablemente estamos ante un dos grupos máis valorados a nivel internacionalPalabras descoñecidas”.
O edil burelés subliñou que “era ademais un reto porque era un dos grupos importantes que faltaba por traer aquí ao auditorio despois do paso de tantos e tantos grupos de música tradicional galega ou de artistas como Luar na Lubre, Rosa Cedrón, Xavier Díaz, Sés, etc. Faltaba Milladoiro e coa súa actuación pechamos o círculo de grupos de peso, que penso que deben pasar por aquí polo noso auditorioPalabras descoñecidas”.
Díaz engadiu que “as entradas xa están á venda en ataquilla.com ao prezo de 10 euros en platea e de 6 euros en anfiteatro. Creo que son uns prezos bastante alcanzables, que van permitir que teñamos un amplo aforo ese día no auditorio de Burela”.