InicioCentralBurelaTarabela Teatro representará 'Tabú' na Casa da Cultura de Burela

Tarabela Teatro representará ‘Tabú’ na Casa da Cultura de Burela

A concelleira de Muller de Igualdade anima a asistir “á Casa da Cultura mañá, venres, para escoitar as mensaxes desas mulleres, para entender o que loitaron e o que conseguiron".

Publicada o

- Advertisement -

Este venres 10 de marzo, ás 21:00 horas no auditorio da Casa da Cultura terá lugar o espectáculo Tabú, de Tarabela Teatro. Esta actividade enmárcase dentro das programadas pola Concellería de Muller e Igualdade para conmemorar o Día Internacional da Muller.

Tabú é o novo espectáculo de Carmen Conde, que nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Valmiñor, no Morrazo, no Courel, na Mariña Lucense, na Costa da Morte e no Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude.

Trátase dun show de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e a máis desexada) das mulleres que son cimento da nosa terra, as que poden explicar o que somos agora nós: fillas do Tabú. Un tendal para poñer ao clareo todas as intimidades. A representación está recomendada para público xuvenil-adulto (máis de 13 anos) e con entrada de balde.

A concelleira de Muller de Igualdade anima a asistir “á Casa da Cultura este venres, para escoitar as mensaxes desas mulleres, para entender o que loitaron e o que conseguiron. E para concienciarnos de que aínda queda moito por facer para chegar á igualdade total entre mulleres e homes”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...