O deputado de Cabo Verde, Francisco Pereira visitará os caboverdianos en Burela o día 13

Francisco Pereira é o deputado nacional para a diáspora caboverdiana.

Consistorio de Burela. AXM

O deputado nacional de Cabo Verde para a diáspora, Francisco Pereira, visita Burela con motivo da celebración das I Xornadas de Literatura caboverdiana no IES Perdouro.

O alcalde, Alfredo Llano, explica que “aproveitando a presenza de Francisco Pereira en Burela o vindeiro domingo ás 16:00 horas manterá unha xuntanza coa comunidade caboverdiana. Será no Salón de Plenos da Casa do Concello. E xa o luns ás 10:30 horas haberá unha recepción institucional tamén no Concello de Burela”.

O rexedor subliña “a importancia de seguir estreitando lazos e relacións entre a nosa vila e Cabo Verde, debido á importante colonia de caboverdianos que viven en Burela. Son xa varias as xeracións que están aquí asentadas e coas que levamos moitos anos de convivencia. Aquí viven, aquí estudan, aquí traballan e aquí seguimos a intercambiar as tradicións e a cultura da nosa terra coa de Cabo Verde”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here