InicioCentralBurelaBurela celebra o Día da Auga repartindo exemplares do libro 'En Burela...

Burela celebra o Día da Auga repartindo exemplares do libro ‘En Burela Amamos a Auga’

ste mércores pasado celebrouse o Día Mundial da Auga, “un día para recordar e reflexionar sobre o importante que é a auga para a vida, e o necesario que é usala de xeito sostible”, explicaron desde Gaia.

Publicada o

- Advertisement -

A Concellería de Medio Ambiente celebrou o Día da Auga repartindo exemplares do libro En Burela amamos a auga. Este mércores pasado celebrouse o Día Mundial da Auga, “un día para recordar e reflexionar sobre o importante que é a auga para a vida, e o necesario que é usala de xeito sostible”, explicaron desde Gaia.

Dende a Concellería de Medio Ambiente que dirixe Toñi Eijo repartiron entre todos os alumnos e alumnas de 6°de Primaria exemplares do libro titulado En Burela amamos a auga, e ademais co alumnado de 6° de Primaria do CEIP Vista Alegre as monitoras de Gaia realizaron uns experimentos nos que a auga era a protagonista.

Hoxe, xoves, repartiron os libros no 1° curso do Ciclo de Química e Saúde Ambiental do IES Monte Castelo e mañá, venres, “faremos máis experimentos cos alumnos de 3° do Ceip Vista Alegre”, engadiron desde Gaia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...