InicioCentralBurelaO BNG de Burela pide a celebración dun debate electoral entre todas...

O BNG de Burela pide a celebración dun debate electoral entre todas as candidaturas de cara ás municipais

O voceiro do BNG brurelés, Mario Pillado apunta que “debido á falta de compromiso dos candidatos en Burela nunca se levou a cabo un coloquio deste tipo, algo que nós cremos é unha anomalía democrática".

Publicada o

- Advertisement -

Aproveitando a celebración do último pleno ordinario deste mandato, previo ás eleccións municipais de Maio o grupo municipal do BNG, mediante o seu voceiro, Mario Pillado Mon propón “a celebración dun debate electoral público, o debate que a veciñanza de Burela merece, despois de dúas citas electorais sen que se producira tal iniciativa”.

Continuou Pillado sinalando que “debido a falta de compromiso dos candidatos en Burela nunca se levou a cabo un coloquio deste tipo, algo que nos cremos é unha anomalía democrática, sobre todo, se comparamos cos concellos veciños”.

Según o nacionalista, “neste sentido cremos que as organizacións deben cambiar a súa actitude ata o de agora neste sentido e favorecer que o debate se produza, posto que pola nosa parte a dispoñibilidade sempre foi total pero tanto en 2015 como en 2019 foi imposible que se levara a cabo”.

O portavoz do Bloque, Mario Pillado, insistiu en que “sexa iniciativa municipal ou dun medio de comunicación para nós é vital que tal cita se celebre e instamos a todos os candidatos a participar para que cadaquén mostre á veciñanza o seu proxecto e as súas propostas”.

Para finalizar, Mario Pillado, voceiro do BNG, explicou “semella dificil de explicar que en 2023 teñamos que facer este tipo de proposta porque nas anteriores citas non se deu, pero esa é unha parte do cambio que temos que dar ó noso concello, pode ser a primeira pedra dun futuro esperanzador para Burela”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...