InicioCentralBurelaA Concellaría de Festexos de Burela avisa dunha posible estafa en nome...

A Concellaría de Festexos de Burela avisa dunha posible estafa en nome da comisión de festas

A concelleira Toñi Eijo, explica que “recibimos o aviso de que hai tres mulleres que están visitando á veciñanza de Burela en demanda de axuda para a comisión de festas e como iso non é así".

Publicada o

- Advertisement -

A concelleira de Festexos, Toñi Eijo, advirte dunha posible estafa en nome da comisión de festas de Burela. A edil insiste en que “a comisión organizadora das festas patronais de Burela non está a pedir polas casas. Nós o que facemos é achegarnos aos establecementos comerciais e hostaleiros, pero nunca aos domicilios particulares. Ademais sempre imos identificadas e identificados”.

Eijo explica que “recibimos o aviso de que hai tres mulleres que están visitando á veciñanza de Burela en demanda de axuda para a comisión de festas e como iso non é así, por iso queremos avisar canto antes á xente para que non sexan vítimas dunha estafa”.

A comisión organizadora das festas patronais de Burela está formada por Toñi Eijo, Belén Ramudo, Belén Feijoo,Vanesa Prieto e Raúl de Jesús Torres. Os festexos desenvolveranse do 2 ao 5 de xuño.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...