InicioCentralBurelaBurela envía unha delegación a Tarifa para presentar o bonito do porto...

Burela envía unha delegación a Tarifa para presentar o bonito do porto cantábrico

O alcalde, Alfredo Llano, referiuse á importancia de que a Feira do Bonito fose declarada de interese turístico nacional: “é importante que se saiba e establecer esa boa relación con portos como Tarifa”.

Publicada o

- Advertisement -

Este 1 de abril terá lugar o segundo encontro entre o atún vermello de Tarifa e o Bonito de Burela, que xa se atoparan por primeira vez en maio do pasado ano, aínda que de forma virtual.

Tres meses máis tarde, o alcalde de Tarifa foi convidado polo seu homónimo burelao á trixésimo sexta edición da Feira do Bonito e Produart, onde ambos os dous acordaron reencontrarse esta primavera e así será.

Este sábado foi o día escollido para a celebración da xornada divulgativa e gastronómica na que Burela estará representada polo seu alcalde, Alfredo Llano; o xerente da Fundación Expomar, José Manuel González Brais, a cronista oficial, Herminia Pernas, así como por unha pequena representación da sociedade de mariñeiros A Moncloa, que aproveitarán para coñecer o punto máis meridional da Península Ibérica ademais de estreitar relacións entre os dous concellos.

Ás 12 celebrouse unha recepción institucional no Ayuntamiento de Tarifa, ao que seguirá o acto de alianza Tarifa-Burela, despois desenvolveuse un showcooking no que houbo degustación de bonito de Burela e de atún vermello de Tarifa. O colofón á xornada foi visita á illa de Tarifa, o punto máis ao sur do continente europeo.

O alcalde, Alfredo Llano, referiuse á importancia de que a Feira do Bonito fose declarada de interese turístico nacional: “é importante que se saiba e establecer esa boa relación con portos pesqueiros como pode ser este de Tarifa”. O rexedor subliñou que “a atención que nos están blindando é extraordinaria. Estamos moi agradecidos”.

A Tarifa viaxou unha expedición formada por 23 persoas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...