InicioCentralBurelaO alcalde de Burela considera moi positivo estreitar lazos coa cidade andaluza...

O alcalde de Burela considera moi positivo estreitar lazos coa cidade andaluza de Tarifa

No acto desenvolvido o sábado, os dous rexedores, o de Tarifa, Francisco Ruíz, e o burelés, Alfredo Llano, destacaron o seu compromiso para visibilizar a importancia do sector pesqueiro.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Alfredo Llano, fai unha valoración moi positiva da viaxe a Tarifa para estreitar lazos con esta cidade andaluza e para facer promoción do bonito e de Burela.

No acto desenvolvido o sábado, os dous rexedores, o de Tarifa, Francisco Ruíz, e o burelés, Alfredo Llano, destacaron o compromiso de ambos concellos para visibilizar a importancia do sector pesqueiro. O atún vermello e o bonito de Burela foron os protagonistas da xornada na que houbo tempo para saborear as exquisitas preparacións realizadas por Alfonso Burgos, chef e propietario do restaurante tarifeño Santai, como Matrimonio de atún rojo y bonito de Burela ou Bonito de Burela en tomate de polea y salsa Kemakulo, entre outras.

Ao encontro asistiron o xerente da Fundación Expomar, José Manuel González, o presidente da tarifeña OPP78, Manuel Suárez, así como as cronistas oficiais de Burela e de Tarifa, Herminia Pernas e Candelaria Muñoz.

Llano sinalou esta tarde que “estamos moi satisfeitos, porque foi unha entrega total do Concello de Tarifa coa delegación de Burela que nos desprazamos ata alí. Foron unha organización, unha atención e o lugar elixido para a celebración deste acto idóneos”. E subliñou que “houbo moita xente vendo esta presentación da Feira do Bonito, representantes do mundo do mar e da pesca. Todo transcorreu moi ben”.

O rexedor burelés contou que “os dous alcaldes referímonos á importancia do sector náutico pesqueiro, á importancia do peixe como alimentación de grande calidade e fixemos unha defensa clara da pesca para que siga sendo unha actividade tanto laboral, como cultural, como económica ou de aporte de nutrientes para a poboación”.

Alfredo Llano aposta por manter este tipo de encontros e de eventos: “alí conseguimos o compromiso de moita xente para que viaxe a Burela, gustoulles o bonito, amosaron interese e iso quere dicir que calou perfectamente a idea do que representa para nos o príncipe azul, como se pesca e como se prepara na nosa vila”.

O alcalde de Burela agradece o recibimento que lles dispensaron en Tarifa: “unha vez rematados os actos oficiais puxeron á nosa disposición unha guía para que nos explicase a historia de Tarifa. Encontros coma este merecen moito a pena. Burela saíu moi beneficiada porque en toda esa zona de Andalucía xa se escoito falar de nós e do bonito”. Ata Burela viaxou unha delegación de 23 persoas, entre as que se atopan varios xubilados de A Moncloa. Mañá, martes, está previsto que estean de volta.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...