InicioCentralBurelaO I Campus Mixto FutbolínLugo Burela Bonita celebrarase entre o 17 e...

O I Campus Mixto FutbolínLugo Burela Bonita celebrarase entre o 17 e o 21 de xullo

O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, subliñou que “desde o Concello imos poñer todos os medios ao noso alcance para poder axudarvos e que esta iniciativa saia adiante".

Publicada o

- Advertisement -

Burela acollerá o I Campus Mixto FutbolinLugo, que se presentou no salón de actos do Concello. Desenvolverase do 17 ao 21 de xullo no campo da Marosa e está destinado a nenas e nenos de 5 a 16 anos. No acto participaron o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, o xefe territorial de Presidencia da Xunta, Gerardo Criado, Diego Díaz da organización e Jairo Campo da SD Burela. 

O edil burelés manifestou: “quero agradecer tanto a Diego como a Jairo que elixiran Burela para este primeiro campus mixto de fútbol. Desde o primeiro momento sabedes que o Concello sempre estivo colaborando con Futbolinlugo en todas as iniciativas que expuxo. De feito o primeiro All Star fíxose aquí, en Burela, e é unha iniciativa que está tendo éxito e que está desprazándose por diferentes campos. Hai que agradecer o traballo que facedes e estou segurísimo de que vai ser un auténtico éxito este primeiro campus mixto de Futbolinlugo. Aquí, aínda que se teñen feito outros campus, era algo que botábamos en falta e desde logo é un pracer axudarvos a sacar esta iniciativa para diante, que estou segurísimo de que vai ser un éxito”.

Fernández Rey tamén tivo palabras de agradecemento para a Xunta de Galicia: quero agradecer tamén á Xunta de Galicia, neste caso a Gerardo, que tamén apoie este tipo de iniciativas. Eu penso que ese é o traballo que deben facer as administracións: colaborar uns con outros para sacar adiante os proxectos. É un pracer compartir con vosoutros este tipo de iniciativas. Agradecer tamén a Gadis, que é colaborador do evento”.

O concelleiro de Deportes subliñou que “desde o Concello imos poñer todos os medios ao noso alcance para poder axudarvos e que esta iniciativa saia adiante; e, por que non, xa de cara a próximas edicións que sigades contando con Burela, se así o considerades oportuno, para poder continuar facendo aquí este campus, que espero que así sexa e que resulte un éxito”.

Desde a organización tanto Diego Díaz como Jairo Campo agradeceron a colaboración do Concello de Burela. Este campus mixto de fútbol desenvolverase do 17 ao 21 de xullo no campo da Marosa en horario de 9:30 a 14:00 horas. Diferentes adestradores titulados da provincia de Lugo aportarán a súa sabedoría ao servizo dos asistentes. Entre adestramento e adestramento tamén haberá lugar para actividades diversas e pequenas saídas. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao seguinte correo electrónico campusfutbolinlugo@gmail.com

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...