InicioCentralBurelaBurela repara o chan da Praza da Mariña cun investimento de 30.000...

Burela repara o chan da Praza da Mariña cun investimento de 30.000 euros

O concelleiro Ramiro Fernández Rey sinalou que “a Praza da Mariña é unha zona na que hai moita afluencia de nenos e polo tanto hai que ter coidado estes días".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello realiza traballos de reparación na praza da Mariña. Ademais da substitución de plaquetas tamén inclúe o soterramento das liñas eléctricas, segundo deu a coñecer o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández. O investimento ascende a 30.000 euros. 

O edil burelés contou que “no día de onte empezaron unhas obras que tíñamos programadas para a reparación das zonas máis estragadas da Praza da Mariña. Tiña varias partes nas que as plaquetas estaban levantadas e, ao ser unha praza tan concorrida, decidimos actuar nesas zonas máis danadas. Ademais disto vamos soterrar as liñas eléctricas aéreas que hai alí para darlle vistosidade e quitar ese feísmo da Praza da Mariña. O investimento do Concello nesta obra supera os 30.000 euros”.

Fernández Rey sinalou que “a Praza da Mariña é unha zona na que hai moita afluencia de nenos e polo tanto hai que ter coidado estes días, mentres se fan estas obras, que esperemos que as acaben o antes posible. O obxectivo que buscamos con esta obra é mellorar os espazos públicos do concello”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...