InicioCentralBurelaLaura Ramos: "Facemos unha axenda que nos pareza interesante para dinamizar a...

Laura Ramos: “Facemos unha axenda que nos pareza interesante para dinamizar a vila”

Xebra é unha asocación cultural sen ánimo de lucro establecida en Burela. A súa dinámica xira arredor de ofrecer alternativas de ocio para a vila e para toda a comarca de ser posible. Ademais disto, están apiques de celebrar o seu X aniversario, un momento que podería ser especial para lanzar novas propostas. Falamos con Laura Ramos, unha das integrantes da asociación.

Publicada o

- Advertisement -

-Cal é o traballo que realiza Xebra e como o leva adiante?

Xebra é un centro social que comezou a súa andaina nas festas de Burela de 2013 promovido por xente da vila e doutros lugares da Mariña. Había detrás unhas inquitudes sociais e galeguistas moi fondas. O traballo realizado desde Xebra pretende dinamizar a comarca coa súa aportación. Tamén ofrecer un espazo para que a xente se achegue a un tipo de lecer galeguista, progresista e feminista.

-Sodes moi activos presentando grupos e artistas galegos.

As actividades que organizamos son sen ánimo de lucro. Desta maneira desenvolvemos a axenda de actividades segundo as capacidades do local e das actividades propostas. Iso si, tentamos darlle cabida á música galega, obviamente. En edicións anteriores viñeron grupos doutros lugares fóra de Galicia e tamén procuramos traer algún grupo portugués. Hai un tempo tivemos o dúo galego ‘Gram Poder’, do cal forma parte o burelés Martinho Suárez, e aprobeitaron o lugar para presentar o seu disco. Este mes virá Pladur, un grupo punk de Chantada. No programa do noso X aniversario temos moitos grupos galegos. Mais por Xebra pasaron unha boa cantidade de grupos, Escolma, Ataque Escampe ou o Leo Arremecaghona, como ves no Xebra caben todos os estilos. Tamén temos Djs que comezamos a introducir nas sesións vermú.

-Cando organizades as sesións vermú?

Sábados ao medio día, non todos, non temos unha regularidade. Temos uns horarios que comezan ás 8 da tarde. Tamén organizamos algunhas actividades como foi a visita guiada ao Castro de Rueta un sábado pola mañá, despois facemos a sesión vermú e logo non abrimos o sábado pola tarde. Se facemos algo en domingo non abrimos o sábado, desta maneira intentamos non sobrecargar de traballo as persoas que abren o local. Sobre todo, primamos ofrecer e propor unha axenda de actividades para todo o mundo. É como organizar as actividades ás que nos gustaría asistir se non existise Xebra. Facemos unha axenda que nos pareza interesante e consideramos o noso labor como importante para dinamizar a vila.

-Cal é a reacción maioritaria que observades na veciñanza desde a apertura de Xebra?

A receptividade é boa, se existe algunha reticencia é inicial e froito do descoñecemento sobre o que hai detrás da porta do Xebra. Por iso abrimos a porta a todo o mundo e verán que hai un clima moi agradable para todo o mundo. E afirmo, se hai algunha reticencia é vencida unha vez se traspasa a porta.

-Tedes relación con proxectos semellantes na comarca?

Non hai outro centro social do noso estilo na Mariña. Hai proxectos cos que si temos afinidade e sería bo termos máis sinerxía entre todos, como Sacabeira en Sargadelos ou o Lugar das Marías en Xove. Penso que comparten a nosa sensibilidade no momento de deseñar propostas culturais, deportivas, etc. A diferenza é que eles son empresas e nós organización sen ánimo de lucro. Aínda así é bo organizar actividades en común para dar a coñecer o noso proxecto e ofrecer lugares para facer cousas. Fixéronse actividades con Mariña Patrimonio, palestras sobre saúde ou co Observatorio da Mariña pola Igualdade. Tamén pensamos en organizar algunha actividade coa plataforma “Eólicos así non”.

-Estades preparando algún proxecto de cara os vindeiros meses?

Creo que o principal fito é a celebración do X aniversario, unha magnífica oportunidade para que as persoas poidan coñecer este espazo, que o vexan como algo consolidado e activo. Tamén facemos descanso durante o verán aínda que temos propostas sobre facer cursos durante o verán mais aínda está sobre a mesa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...