InicioCentralBurelaTouriñán enche o auditorio da Casa da Cultura en Burela cun monólogo...

Touriñán enche o auditorio da Casa da Cultura en Burela cun monólogo sobre a súa vida

Publicada o

- Advertisement -

O auditorio da Casa da Cultura de Burela encheuse onte para disfrutar do monólogo “Aquí Tou”, de Xosé Antonio Touriñán, que durante o espectáculo agradeceu o traballo realizado pola Concellería de Cultura ao longo dos últimos oito anos.

O cullerdense fixo un percorrido pola súa vida, dende a súa concepción nunha noite de San Xoán ata un posible epitafio. Momentos chave do seu camiño vital cos que, como galegxs, todxs nos sentimos identificadxs. Mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega, Touriñán levou aos asistentes da man pola súa vida cun monólogo no que contou e representou partes dela e da serie de boas e malas decisións que, xunto cos feitos casuais, o levaron a ser quen hoxe é.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

ACISA Ribadeo suma case 30 novos asociados en 2023

Acisa Ribadeo suma case 30 novos negocios asociados neste ano 2023, cifra record de...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...