A Fundación Expomar levará adiante a presentación oficial da XIX Feira Monográfica Náutico-Pesqueira EXPOMAR 2023, que terá lugar no salón de plenos do Concello de Burela este xoves 27 de abril a partir das 12:00h.
O presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, e o xerente, José M. González ‘Brais’, acompañados por representantes do Comité Organizador e do Padroado da Fundación, anunciarán os últimos detalles do evento que se celebrará na nave de redes do porto de Burela do mércores 10 ao sábado 13 de maio. Como en cada edición, de forma paralela ao programa de actividades da feria celebraranse as XXX Xornadas Técnicas e o XXIV Encontro Empresarial.