InicioCentralBurelaTaxis de Burela promocionará o turismo e comercio local

Taxis de Burela promocionará o turismo e comercio local

O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández “é un grandísimo soporte para poder promocionarnos e eles están contentos tamén por facerse partícipes da promoción do pobo”.

Publicada o

- Advertisement -

Taxis de Burela farán promoción turística do municipio e do comercio local, segundo deu a coñecer o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey.

O edil burelés explicou que “desde o Concello de Burela vimos de chegar a un acordo cos taxistas do pobo para facer promoción turística e do comercio local. Cada un no seu taxi vai levar dous vinilos: un publicitando o turismo de Burela e outro animando a comprar no comercio local”.

Para Ramiro Fernández “é un grandísimo soporte para poder promocionarnos e eles están contentos tamén por facerse partícipes da promoción do pobo”.

O concelleiro de Turismo subliñou que “é unha aposta por promocionar tanto turisticamente como comercialmente Burela por parte do equipo de goberno”. A campaña foi presentada por Ramiro Fernández e polo alcalde, Alfredo Llano.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...