InicioCentralBurelaEntregados os premios do sorteo "Burela, Mar de Tapas"

Entregados os premios do sorteo “Burela, Mar de Tapas”

Este venres pola tarde os gañadores do sorteo da campaña "Burela, un Mar de Tapas 2023" recibiron os seus premios: 600 euros en metálico repartidos en 3 premios.

Publicada o

- Advertisement -

Rubén Río Castro recibiu o primeiro premio de 300 euros; José Ignacio Maira Teijeiro gañou o segundo premio de 200 euros; e Jesús Varela recolleu o terceiro premio de 100 euros en representación da premiada, Pamela Trelles Martínez.

O concurso de tapas “Burela, un Mar de Tapas” celebrouse con éxito a pasada fin de semana, entre o xoves 20 e o sábado 22 de abril, coa participación de 12 locais hostaleiros de Burela, que concursaban cada un deles con 2 tapas especiais.

Para optar ao premio destes 600 euros en metálico os clientes debían selar a súa tarxeta de partiicpación nos 12 locais, valorando ademais polo menos unha das tapas de cada establecemento.

Pola súa parte, unha vez feito o reconto de votos tamén se elixiron as 3 mellores tapas de Burela. O Restaurante A Lonxa foi o grande vencedor deste certame, logrando os dous primeiros premios coas súas tapas: “Brocheta de mar con crema de marisco” e “Salpicón de rape e marisco”, respectivamente. O terceiro premio foi para “Carrilleras de Ternera Gallega con cremoso de pataca e trufa” do restaurante Contraste.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...