InicioCentralBurelaO Concello de Burela acolleu a presentación do XXV Maratón Urbano Special...

O Concello de Burela acolleu a presentación do XXV Maratón Urbano Special Olympics

A proba terá lugar nun circuíto preparado para a ocasión no casco urbano de Burela para este sábado día 6 de maio.

Publicada o

- Advertisement -

O salón de plenos do Concello acolleu a presentación do 25 Maratón Urbano Special Olympics, que se celebrará en Burela este sábado, 6 de maio.

O alcalde, Alfredo Llano, dixo que “hai que dar importancia a estes eventos porque a través do deporte foméntanse moitas circunstancias positivas e valores como o esforzo, a solidariedade, a autoestima, … todo isto serve para mellorar en todos os aspectos da vida. Como dicía hoxe Eladio, en vez de mirar as cousas negativas que pode ter unha persoa hai que fixarse nas cousas positivas que pode lograr facer. E iso é o pretendemos”.

O rexedor explicou que “será unha xornada que vai comezar ás 10:45 horas cun desfile dos protagonistas e despois haberá unha apertura oficial. A Escola de Música fará unha actuación e despois haberá probas desde as 12 do mediodía ata as 14:15 horas. Unha vez rematadas entregaranse os trofeos e farase unha valoración de todo o acontecido”.

Llano agarda que “todo resulte moi vistoso, moi agradable e desde logo que os rapaces e rapazas que virán aquí desde as 4 provincias galegas a este evento o pasen moi ben e que vaian moi contentos para os seus destinos despois. Espero que o sábado haxa xente nas rúas vendo este evento para aplaudir e recoñecer o que fan estes rapaces, os organizadores e os voluntarios, que non son poucos; en total xuntarémonos máis de 300 persoas, máis o público que queira acercarse aquí, ás rúas principais de Burela”.

Na presentación participaron, entre outros, a deputada de Economía, Recadación e Facenda, Mayra García, o alcalde de Burela, Alfredo Llano, o presidente de FADEMGA, Eladio Fernández, a concelleira de Servizos Sociais e Mar, Carmela López, o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, e o xefe de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero, así como representantes de Special Olympics e da Fundación Eu Son. O maratón está coorganizado por Special Olympics, Fademga e a Fundación Eu Son xunto ao Concello burelés.

Desde o Concellería de Deportes insisten en lembrar que de 8 a 15 horas non se poderá circular por Pardo Bazán, Rosalía de Castro, Lamestra e Eijo Garay e tamén haberá cortes puntuais noutras rúas polas que discorran as probas de 1.500 e 3.000 metros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...