InicioCentralBurelaO IES Perdouro de Burela recibirá a visita de Marta Estévez, investigadora...

O IES Perdouro de Burela recibirá a visita de Marta Estévez, investigadora sobre migracións

Durante estes tres días estará connosco en Burela, unha vila que se carcteriza pola sua multiculturalidade, dado que nela conviven máis de 40 nacionalidade diferente.

Publicada o

- Advertisement -

Nos próximos días 8, 9 e 10 de maio, visitará o IES Perdouro Marta Estévez Grossi, graduada en Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo. Após os seu paso por varias universidades, atualmente traballa como profesora de lingua galega e española na Universidade de Hannover. A sua especialidade é a investigación sobre migracións, com especial atención na migración galega na Alemaña e a mediación linguística.

Durante estes tres días estará connosco en Burela, unha vila que se carcteriza pola sua multiculturalidade, dado que nela conviven máis de 40 nacionalidade diferentes. O Perdouro é unha mostra desa diversidade cultural e ali irá traballar cun grupo de 3º de ESO para explorar aspectos da mediación linguística con eles.

No último día da sua visita aproveitaremos a sua presenza en Burela para entrevistala no programa de radio Proxecto Neo co fin de dar a coñecer o seu traballo en relación ás migracións e á mediación linguística.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...