InicioCentralBurelaO XIII encontro de palilleiras de Burela celebrarase o 20 de maio

O XIII encontro de palilleiras de Burela celebrarase o 20 de maio

O rexedor de Burela, Alfredo Llano, contou que “vai haber exposicións, obradoiros e actos importantes e singulares na nave de redes.

Publicada o

- Advertisement -

Entre 600 e 700 persoas se darán cita no XIII Encontro de Palilleiras, que se celebrará en Burela o vindeiro 20 de maio. Está organizado pola asociación As Encaixeiras e polo Concello.

O alcalde, Alfredo Llano, explicou que “entre seiscentas e setecentas participantes se darán cita en Burela no décimo terceiro Encontro de Palilleiras, que vai ser tan numeroso ou máis que nas pasadas edicións. E hai unha cuestión moi curiosa, que vai participar palillando unha señora que ten 105 anos. Isto é algo singular e rechamante e indica o importante que é este tipo de arte para moita xente”.

O rexedor contou que “vai haber exposicións, obradoiros e actos importantes e singulares na nave de redes. Vai ser un día importante para Burela dado que teñen moitas actividades paralelas nas que lle dan importancia ao conxunto do noso concello. E todo iso terá repercusións tanto na promoción turística como na economía local”.

Llano convida “á veciñanza de Burela e de toda a comarca da Mariña a achegarse á nosa vila o vindeiro 20 de maio para ver e disfrutar deste arte, que é unha auténtica marabilla”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...