InicioCentralBurelaJosé Manuel González, 'Brais': "A pandemia permitiunos pensar, que se non coidamos...

José Manuel González, ‘Brais’: “A pandemia permitiunos pensar, que se non coidamos o planeta pouco futuro temos”

Expomar, a Feira do Mar de Burela, abre as súas portas logo da parada por culpa da COVID. Nesta XIX edición as novas tecnoloxías estarán moi presentes, mostranto a evolución do sector pesqueiro e marítimo. A apertura deste encontro náutico-pesqueiro, trae unha grande expectación por coñecer como evolucionou o sector do mar durante os últimos anos e as novas posibilidades que se abren.

Publicada o

- Advertisement -

-A diferenza doutras edicións que aportará de novo a XIX edición de Expomar?

Esta nova Edción aportara o que Expomar aportou sempre, profesionalidade e presentación das últimas novidades que poidan mellorar o sector. Se cadra vai ser unha Feira máis dinamica, empezando polas novidades que presentaran as empresas expositoras que cada vez empregan máis as novas técnoloxias . A reunión do Consello Galego de Pesca en Burela xa supón un apoio importante, nesta reunión participan os principais axentes sociais do mar: confrarías, organizacións de productores, sindicatos e está presidida pola Conselleira do Mar. O Encontro Empresarial que se celebra o xoves e onde participan as entidades mais representativas da frota galega e outras Asociacions Estatais, xa é un foro moi consolidado e as conclusións que alí se toman son tidas en conta polas distintas administracións. A tarde do xoves e a maña do venres terá lugar a XXX Edición das Xornadas Técnicas, que despois de 30 anos gozan dun merecido prestixio. Nelas trataranse temas de Xestión Pesqueira e de xestión socioeconómica. Apostamos por facer unha feira activa, haberá unha exposición fotográfica, presentación de documentais, xornadas de portas abertas en distintas embarcacións, demostracións de salvamento, degustacións gastronómicas , recoñecemento público e sempre cun único obxectivo : promocionar e desenvolver o sector náutico pesqueiro

-Esta edición é a primeira despois da pandemia, este período de parón permitiu pensar en como mellorar ou crear novas propostas en Expomar?

A pandemia permitiunos pensar, creo que a todos, que se non coidamos o planeta pouco futuro temos. Mellorar e crear novas propostas para Expomar xa nolo fai pensar o sector. O seu dinamismo e continua evolución fan que a Fundación estea atenta sempre a novas propostas.

-Cales son as orixes de Expomar e por que se decidu montar esta Feira en Burela?

Ainda que a Fundación foi creada no ano 1988 a Feira naceu uns anos antes. Un grupo de personas comprometidas co desenvolvemento económico da localidade crearon unha Feira Multisectorial, despois de duas ou tres edicións apostaron por facer unha Feira Mónográfica enfocada ao principal motor economico de Burela, o mar. Isto aconteceu no ano 1988 coa intención de afianzar esta iniciativa, e así, distintas empresas do sector e administracion local e Autonómica crearon o primeiro Padroado da Fundación.

-Existe un padroado ou asociación detrás de expomar?

Existe un padroado que é o organo de goberno da Fundación e na actualidade esta composto polo Concello de Burela, a Asociación de Armadores AbsaBurela, a organización de Productores Pesqueiros Burela, Confraría de Pescadores, Astilleros Armón e Pescados Rubén. Detrás hai moita máis xente, hai un comité asesor onde estan presentes a Conselleria do Mar, Capitania Marítima, o Mando de Acción Marítima de Ferrol da Armada Española, portos de Galicia e a Guardia Civil. En cada Feira formase un comité executivo para a organización do que forma parte todo o padroado e distintas entidades vinculadas ao sector.

-Espérase a chegada de 2.500 profesionais, cal é o tipo de profesional que se achega a Expomar?

O perfil do visitante da Feira e maioritariamente de personas moi relacionadas co sector: armadores, asteleiros, ingenieros navales , mecanicos navales, empresas comercializadoras de peixe,….

-Que tipo de negocios, acordos ou vendas se poden realizar na Exposición?

Pois pódese chegar a acordos de comercialización de producto, de renovación de técnoloxia, de compra de novos sitemas de pesca, de seguridade, de acondicionamiento de barcos, de distintos suministros, de operacións de financiación, de pólizas de seguros, de transporte de containers, de conxelación….

-Existen canles de comunicación ou intercambio con outras exposicións coma esta?

Si, Expomar dende sempre tivo canles de comunicación e intercambio con outras Feiras do Sector, Principalmente con Sinaval de Bilbao e Navalia de Vigo. Colaboramos activamente a través da Consellería do Mar coa Feira Expomar de Cabo Verde.

-Actualmente, onde reside o maior peso de Expomar e por extensión, do sector pesqueiro en Burela?

O maior peso de Expomar reside claramente nas empresas e institucións que forman o Padroado da Fundación, e non é casualidade que o maior peso do sector pesqueiro de Burela resida tamén nesas empresas como Asteleiros Armón, que hoxe en día é un dos principais Asteleiros de España, a organización de Productores Pesqueiros Burela, que aglutina a toda a frota responsable de que a lonxa de Burela sexa primeira de Galicia en descarga e venta de merluza do pincho, AbsaBurela que despois de 25 anos fixo posible que o porto de Burela sexa referencia a nivel Estatal e Europeo e sexa a segunda lonxa por volumen de negocio en Galicia, ou Pescados Ruben que con máis de 35 anos e líder no sector de distribución de peixe e suministra as principais grandes áreas comerciais e os principais mercados centrales de peixe e marisco en fresco, conxelado ou elaborado, sen esquecer a Cofradía de pescadores que con 100 anos de vida continúa facendo un importante labor social e económico. Non podemos esquecer do Concello de Burela que xa dende o seu nacemento foi o motor da Fundación Expomar, recordar que Burela foi o primeiro Concello de Galicia en ter un Concelleiro do Mar e por certo, tamén o primeiro en ter unha muller concelleira de Mar.

-Tecnoloxicamente e economicamente cales son os grandes aportes de Expomar directamente para Burela?

Tecnoloxicamente acercar os últimos avances e presentalos en Burela. Economicamente promocionar unha localidade de 10.000 habitantes que está ao mesmo nivel que as principais Feiras do Sector e claro está, a semana da Feira creo que supón unha importante inxección economica a distintos sectores da localidade, principalemente a hostalaria.

-De cara o futuro, cales son os retos ou metas que se marca a organización de Expomar?

Primeiro imos pechar ben esta esperada edición, despois o padroado marcará retos e metas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...