InicioDeportesRamiro Fernández: "É importante democratizar a práctica do deporte para todas as...

Ramiro Fernández: “É importante democratizar a práctica do deporte para todas as persoas”

O concelleiro de Deportes de Burela, Ramiro Fernández, falou con Xornal da Mariña sobre a maratón de Special Olympics que se celebra este sábado 6 de maio. Fernández destaca a importancia de acceso á práctica deportiva por parte de todos os sectores sociais, algo que inspiran desde Special Olympics.

Publicada o

- Advertisement -

-Como conseguiu Burela ser o lugar de celebración desta Maratón Special Olympics?

Xa levamos un tempo traballando con Special Olympics pois xa celebramos campionatos de fútbol sala, somos moi activos por medio da Fundación Eu Son, que forma parte de Special Olympics e de aí temos unha relación moi especial con eles. É certo que hai un tempo, durante unha das reunións para perfilar un dos campionatos de fútbol sala, parece ser que quedaron sorprendidos coa Praza do Concello. Dixeron daquela que lles parecería algo bo comezar unha maratón desde esta praza. Este ano propuxéronnos a idea e a nós gustounos. A raíz desas conversas foi como naceu a idea de celebrar a maratón.

-Cales son as organizacións e institucións que están detrás desta maratón?

Están o Concello de Burela, Special Olympics e a Fundación Eu Son quen trae voluntarios e mirarán de que todo saia o mellor posible xunto coas outras dúas entidades.

-Cantas persoas participan como atletas nesta maratón?

Aproximadamente sobre os 200 participantes. Divídense en diferentes graos segundo a diversidade funcional segundo cada atleta. Engadir que a procedencia dos e das atletas é de toda Galicia.

-Este XXV Maratón Special Olympics obrigará a reconfigurar a circulación do tráfico na vila. Haberá cortes desde as 08:00 até as 15:00. Este dispositivo con que apoios conta?

O peche total de rúas, mesmo tentando que non haxa vehículos estacionados, será na rúa Rosalía de Castro no tramo até o parque, do parque até o Concello, rúa Pardo Bazán até o Concello e a Eijo Garay onde está o Concello. Todo está pensado para que non haxa percances. Si é certo que hai dúas probas a maiores, a de 1.500 e 3.000 cun percorrido máis longo, aí non haberá un corte explícito de rúas, senón que irán escoltados por Protección Civil e a Policía Local e os voluntarios da Fundación Eu Son que realizarán os cortes de tráfico a medida que vaian pasando.

-Celebrándose un sábado, o tráfico non será máis denso?

Hai unhas semanas celebramos o Enduro, con cortes importantes de tráfico, neste caso a xente da vila entendeuno perfectamente, esperamos que desta volta sexa igual. Si é certo que é unha zona de actividade comercial mais entendemos que a proba ben o merece e xa digo, será un corte pola mañá de tres hores. Apelo á comprensión da xente e lembrar ademais a importancia que ten para a hostelería e o comercio, porque vai vir moita xente de fóra, penso que compensa de sobra as molestias dos cortes de tráfico.

-Desde a organización non valoraron correr máis por terra que en chan urbano?

O certo é que os percorridos foron acordados con eles, gustáronlles e tamén buscamos a maneira de levar a carreira máis longa perto do mar. Foi unha cousa que o Concello o ver a fachada marítima de Burela. Por outra parte, as rúas foron semipeonalizadas, e pasando ao pé do parque.

-Que lle gustaría que levase como aprendizaxe a xente de Burela destes atletas?

Destacar o mérito destas persoas animándose a practicar un deporte tendo en conta as súas diversidades funcionais. Tamén democratizar a práctica do deporte para todas as persoas. O tema social para nós é máis importante e sempre que nos contactaron sempre nos puxemos ao seu dispor.

-Gustaríalles repetir a experiencia o ano que vén?

A nós sempre que nos pediron colaborar estivemos aí, dentro das nosas posibilidades, Special Olympics sabe que ten as portas do Concello abertas para calquera evento. Creo que estas persoas debe ter todo o apio que se lle poida dar, máis alá do deportivo, insisto, o social é moi importante para o Concello de Burela.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...