InicioEconomíaChega a XIX Expomar Burela, a edición máis esperada dos últimos anos

Chega a XIX Expomar Burela, a edición máis esperada dos últimos anos

Tamén se celebrarán xornadas de portas abertas en diferentes embarcacións amarradas no porto de Burela, como o Barco Museo Boniteiro "Reina del Carmen", do Concello de Burela, ou o "Sar Gavia", de Salvamento Marítimo.

Publicada o

- Advertisement -

A nave de redes do porto de Burela acolle desde este mércores ata o sábado a XIX Feira Expomar, cita bienal que chega catro anos despois tras o parón obrigado pola pandemia do Covid en 2021.

A conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana, inaugurará este mércores pola mañá a 19ª edición da Feira Expomar, que promete superar todas as marcas de anos anteriores e presenta un programa de actividades moi completo, que inclúe desde exposicións de barcos dentro da feira ata as citas anuais máis imprescindibles para o sector profesional, como as Xornadas Técnicas ou o Encontro Empresarial, que se celebrarán o xoves e o venres.

Dentro deste abanico de eventos destaca a celebración do pleno do Consello Galego de Pesca, que cambiará a súa habitual sede en Santiago para reunirse o mércores pola tarde en Burela dentro do marco de Expomar 2023, presidido pola Conselleira do Mar e xuntando aos principais representantes da pesca en Galicia para tratar os temas de maior interese para o sector.

O programa de actividades inclúe novos contidos e actividades paralelas que se suman á tradicional oferta deste certame. A carpa anexa á nave de redes acollerá o “Espazo Abanca”, punto de encontro de profesionais, ademais do habitual servizo de restauración e varios puntos de exposición, entre os que destacará un barco camaronero de 12 metros de eslora e 4,5 metros de manga e outros vehículos do Servizo Marítimo da Garda Civil. Ao longo dos días da feira tamén se poderá visitar a exposición “A Mariña Sumerxida” con fotografías de Carlos Gil e Hugo Fernández, patrocinada polo GALP A Mariña Ortegal.

Tamén se celebrarán xornadas de portas abertas en diferentes embarcacións amarradas no porto de Burela, como o Barco Museo Boniteiro “Reina del Carmen”, do Concello de Burela, ou o “Sar Gavia”, de Salvamento Marítimo. Mércores e xoves poderá visitarse tambien a patrulleira “Río Paz”, da Garda Civil, e venres e sábado fará o mesmo o patrulleira “Río Luna”, construída recentemente en Astilleros Armón Burela.

Desde este mércores 10 de maio o porto de Burela convértese máis que nunca na capital do mundo da pesca e a náutica, celebrando unha feira Expomar que supera os 5.000 metros de exposición e que busca superar a cifra de negocio xerada por expositores e visitantes profesionais durante a última feira, con máis de 300 marcas comerciais representadas e converténdose seguramente na edición máis internacional e de maior relevancia global dentro dos sectores da pesca e a industria naval.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...