InicioEconomíaABSA e Abanca renovan a súa colaboración "para dar resposta ás demandas"...

ABSA e Abanca renovan a súa colaboración “para dar resposta ás demandas” do sector da pesca

A directora territorial de Abanca en Lugo, Zaira Dapena, foi a encargada de asinar o acordo co presidente de Armadores de Burela S.A., Abelardo Basanta.

Publicada o

- Advertisement -

Abanca e Armadores de Burela S.A. (ABSA) renovaron a súa colaboración para “dar resposta ás demandas dun sector fundamental para a comarca da Mariña e para o resto de Galicia”. Segundo detalla a entidade nun comunicado, a sinatura do novo convenio tivo lugar en Burela, coincidindo coa celebración da XIX Feira Expomar, que conta cunha caseta propia de Abanca. A directora territorial de Abanca en Lugo, Zaira Dapena, foi a encargada de asinar o acordo co presidente de Armadores de Burela S.A., Abelardo Basanta.

Ao acto tamén asistiron o xerente de ABSA, Miguel Neira; o director de ABANCA Mar, Javier Fraga, o coordinador da mesma unidade, Miguel Ríos; o director de zona de ABANCA na Mariña-Terra Chá, Carlos Teijeiro; e o director da oficina de ABANCA en Burela, José Javier Parga.

Tras a rúbrica, ambas as entidades destacaron a transcendencia de manter este tipo de alianzas, sobre todo tras uns anos especialmente complicados para o sector debido á crise sanitaria, as posteriores dificultades derivadas da invasión rusa de Ucraína e os novos requisitos da política pesqueira comunitaria.


Este acordo, remarcan, supón “unha aposta clara” pola mellora integral da sustentabilidade do sector, fomentando a renovación da frota e a substitución das embarcacións actuais por outras máis eficientes e respectuosas co medio ambiente, con financiamentos de hipotecas navais adecuadas na estrutura necesaria para o armador.

O acordo recolle tamén un catálogo de financiamento con liñas e solucións de crédito deseñadas para responder os problemas cotiáns da actividade pesqueira, avanzar na resposta ao financiamento de estacionalidades e o anticipo de subvencións do novo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura (FEMPA). Inclúense tamén “outros produtos que facilitan a mellora da competitividade dos asociados, como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais ou seguros especializados”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...