InicioCentralBurelaXa está preparado o libriño das Festas de Burela que aparecerá en...

Xa está preparado o libriño das Festas de Burela que aparecerá en diferentes plataformas dixitais

O concelleiro de Cultura, José Díaz, contou que “unha vez máis a portada corre a cargo de Antón Caxoto, artista da nosa zona, colaborador con moitas cousas da Delegación de Cultura do Concello".

Publicada o

- Advertisement -

Esta fin de semana sairá en diferentes plataformas dixitais o Libriño das Festas de Burela, elaborado pola Concellería de Cultura en colaboración coa comisión organizadora dos festexos, segundo deu a coñece este sábado o concelleiro José Díaz.

O edil burelés explicou que “esta fin de semana sacaremos en diferentes plataformas das redes sociais e grupos de whatsapp o formato dixital do libro das festas patronais de Burela 2023. Unha vez máis o desenvolve a Delegación de Cultura en cooperación coa comisión de festas, como levamos facendo desde o ano 2016, e seguimos con esa filosofía de que o libro sexa algo vistoso, que a xente lea, que teña contido e que homenaxee ás festas de Burela e ao noso propio concello”.

José Díaz subliñou que “este ano hai que agradecer a colaboración de varios colectivos e de particulares a nivel persoal como Julio Delgado, Rogelio Cayón, Rocío Chao, Pedro Chao, Paco Salgueiro, Diego Campo, Herminia Pernas, Xevi Bassa,… Todos eles contribúen a dotar de contido ao libro. Por suposto tamén temos un texto do pregoeiro deste ano, Albano González. A temática xira ao redor dos propios libros das festas e á súa importancia como parte cultural dun concello. Tamén temos un par de reportaxes interesantes: un deles é acerca das raíñas e damas das festas, que había fai anos e deixouse de facer; mesmo falamos con algunha raíña de fai uns cuantos anos, que nos conta a súa experiencia e o que opina diso que se facía antes. Ademais hai unha homenaxe á época entre o ano 2000 e o 2010, con todos os pregoeiros que pasaron polas festas de Burela e os concertos estrela que había os venres e que deixaron de facerse en 2011. Repasamos o que houbo neses momentos importantes. Así que é un libro que cremos que resulta interesante e os anuncios veraos moito mellor a xente ao ter no medio textos e fotos”.

O concelleiro de Cultura contou que “unha vez máis a portada corre a cargo de Antón Caxoto, artista da nosa zona, colaborador con moitas cousas da Delegación de Cultura do Concello de Burela, especialmente co certame Amarte. É unha viñeta graciosa, moi do seu estilo propio e persoal”.

Díaz tamén tivo palabras de agradecemento: “aproveitando que sae o libro hai que agradecer a todos os que apoian as festas con doazóns e colaboracións, da maneira que poden ou que queren, o que é necesario para poder pagar todo o que supoñen unhas festas como estas, que son tantos días, con tantas orquestras e tanta infraestrutura”.

E engadiu: “logo sacaremos tamén o formato impreso do librito, que estará destinado sobre todo a repartir entre os colaboradores directos, o comercio local e as empresas que colaborasen, porque para unha repartición a discreción sería costosísima a impresión e hoxe en día temos o formato dixital, que a todos gústanos e onde se pode ler perfectamente todo o contido do libro igual que en formato físico”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...