InicioCentralBurelaEntrega de Premios ao esforzo e a superación a dous alumnos de...

Entrega de Premios ao esforzo e a superación a dous alumnos de Burela

Só se conceden 20 destes recoñecementos en toda Galicia e conlevan tamén unha dotación económica.

Publicada o

- Advertisement -

O venres 12 de maio Andresa Fabiana Andrade Xavier Pinto e Yorel Ladra Ballesteros do IES Perdouro recibiron o premio ao esforzo e a superación na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Só se conceden 20 destes recoñecementos en toda Galicia e conlevan tamén unha dotación económica.

O feito de recibir este premio é unha recompensa a unha meritoria traxectoria na ESO. Estes dous rapaces destacaron pola súa constancia, polas súas ganas de aprender e pola súa resolución á hora de salvar as dificultades coas que se atoparon.

Este premio é un reforzo para continuar cos seus estudos pois Andresa está cursando o Ciclo Medio de Xestión Administrativa e Yorel, Bacharelato, ambos no IES Perdouro. Este recoñecemento tamén serve como exemplo para outros rapaces da súa idade, para ser conscientes do que se pode conseguir con esforzo e con afán de superació

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...