InicioCentralBurelaA Feira Expomar pecha as portas desta edición coa vista posta no...

A Feira Expomar pecha as portas desta edición coa vista posta no vindeiro ano

Celebrouse tamén un acto de homenaxe e recoñecemento á Confraría de Pescadores San Juan Bautista de Burela, membro fundador do padroado da Fundación Expomar, que este ano celebra o seu 100 aniversario

Publicada o

- Advertisement -

A XIX Feira Expomar clausurouse este sábado no porto de Burela confirmándose como a edición con maior superficie de exposición e mellor participación, pero mirando xa á próxima cita en maio de 2025.

O presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Tomé, clausurou este sábado ao mediodía a 19ª edición da Feira Expomar, despois de catro días nos que o porto de Burela se converteu máis que nunca na capital do mundo da pesca e a náutica, nun evento que superou os 5.000 metros de exposición.

Durante o acto de clausura, no que tamén participaron Alfredo Llano, presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela; Carmela López, concelleira de Mar do Concello de Burela; e José M. González ‘Brais’, xerente de Expomar; celebrouse tamén un acto de homenaxe e recoñecemento á Confraría de Pescadores San Juan Bautista de Burela, membro fundador do padroado da Fundación Expomar, que este ano celebra o seu 100 aniversario.

O patrón maior da Confraría, Basilio Otero, tamén presidente da Federación Provincial de Confrarías e da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores, recibiu de mans do presidente da Deputación de Lugo unha placa conmemorativa de parte da Fundación Expomar e unha figura dedicada polo Concello de Burela.

Nese acto púxose en valor a relevancia da figura do ‘depósito’ na historia e evolución de Burela, por como nos últimos 100 anos converteuse nun dos principais factores do crecemento exponecial deste pequeno pobo mariñeiro.

A Fundación Expomar valora moi positivamente o desenvolvemento desta edición da feira e, aínda que nos próximos meses seguirá organizando diferentes eventos relacionados co sector primario, como a feira de produtos artesanais e ecolóxicos Produart no mes de agosto; todas as miradas enfocan xa cara a maio de 2025, cando o porto de Burela volverá acoller a próxima feira bienal dos sectores náutico e pesqueiro.

Expomar 2023 baixa o pano superando todas as marcas de anos anteriores e presentando un programa de actividades moi completo, que incluíu desde exposicións de barcos dentro da feira ata as citas anuais máis imprescindibles para o sector profesional, como as Xornadas Técnicas ou o Encontro Empresarial, que se celebraron o xoves e o venres coa participación das principais fihuras e entidades do panorama galego e nacional.

Dentro das diferentes actividades do programa da feira destacou na tarde do venres a presentación do documental “Morabenza”, obra do director burelense David Mon, recentemente premiado co Premio Mestre Mateo 2023.

O acto tivo lugar no salón de actos da Confraría de Pescadores, que se encheu de público para presenciar a “première” dun documental que conta a historia de dous pobos, o caboverdiano e o burelense, capaces de deixar de lado as súas diferenzas como individuos para, a través do traballo duro do mar, manter ás súas familias.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...