InicioCentralBurelaBurela celebrará o mercado popular solidario o 28 de maio

Burela celebrará o mercado popular solidario o 28 de maio

O concelleiro José Díaz explicou que “abrimos as inscricións para o mercado popular solidario que vai celebrarse aquí, en Burela, o día 28 de maio entre as 10 e as 14 horas na Praza da Mariña”.

Publicada o

- Advertisement -

O 28 de maio terá lugar en Burela unha nova edición do mercado popular solidario, que organiza a Delegación de Cultura. A inscrición para participar está aberta. O concelleiro José Díaz explicou que “abrimos as inscricións para o mercado popular solidario que vai celebrarse aquí, en Burela, o día 28 de maio entre as 10 e as 14 horas na Praza da Mariña”.

O edil de Cultura dixo: “o mecanismo é o de sempre: levar un quilo de produtos para doar ao Banco de Alimentos do Concello. Venderanse diversos obxectos a prezos alcanzables e para inscribirse hai que chamar ao teléfono da Casa da Xuventude de Burela, que é o 982 58 11 41, ou ao 608 158 170, co que tamén se pode contactar por whatsapp e enviando o nome completo e o número de teléfono xa quedan rexistrados para o mercado”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...