O vindeiro luns, 22 de maio, o Concello de Burela estará pechado debido á celebración da festividade de Santa Rita. O alcalde, Alfredo Llano, explicou que “o día 22 é a festividade de Santa Rita, patroa dos funcionarios e como vimos facendo todos os anos esa xornada o Concello de Burela e o resto das dependencias municipais estarán pechadas ao público”.
O rexedor aproveitou a ocasión “para desexarlles a todas e todos os funcionarios que pasen unha boa xornada e quería agradecerlles tamén o traballo desenvolvido ao longo destes anos nos que eu fun alcalde de Burela. Foron moitas as horas e tamén os proxectos compartidos, polo que é o momento de dar as grazas a todas e a todos eles”.