O Centro Social Xebra de Burela proxectará o filme ‘Dorothé na Vila’ coa presenza da diretora

A cineasta, nominada aos premios Mestre Mateo pola súa obra, presentará o filme. Este segue a viaxe das súas dúas creadoras tras os pasos de Dorothé Schubart.


Este sábado 20, a partir das 20 horas, o centro social Xebra –en Burela– contará coa presenza de Olaia Tubío, unha das directoras de ‘Dorothé na vila’. A cineasta, nominada aos premios Mestre Mateo pola súa obra, presentará o filme. Este segue a viaxe das súas dúas creadoras tras os pasos de Dorothé Schubart.

Esta musicóloga suíza chegou a Galicia nos anos 70 para procurar os cantos antigos que desapareceran xa no centro de Europa. As 300 horas de gravación da investigadora axudaran a formar o Cancioneiro Popular Galego, a maior compilación de músicas tradicionais do país. 

Tubío e Alejandro Gándara procuran e atopan as voces que Schubart gravara hai 40 anos en Galicia e descobren as súas historias de vida. O filme revela un traxecto no que convive a alegría de voltar cantar e a frustración de chegar tarde para coñecer un mundo que desaparece. 

Despois do coloquio e da proxección, o centro social ofrecerá petiscos para acompañar a foliada. A entrada é de balde até completar aforo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here