Burela entregará o 24 de maio os premios para lemas e debuxo contra a discriminación racial

A concelleira de Inmigración, Noelia Mª Ben, felicita “aos gañadores e gañadoras e quero aproveitar para agradecerlles a todas e a todos a súa participación nestes concursos”.


O salón de plenos acollerá o 24 de maio a entrega dos premios aos gañadores do Concursos de Lemas e Debuxo-Pintura para a eliminación da discriminación racial do ano 2023, que foron convocados pola Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración. O acto terá lugar ás 11 da mañá.

Deixa que as diferenzas nos unan, de Mª Jesús Miraz Rivera foi o gañador do IX Concurso de Lemas.

E os premiados no IX Concurso de Debuxo-Pintura foron:

-2º categoría: – 1º Premio – Shiva Eliska Alinda Nurhakim.

-3º Categoría: – 1º Premio – José López Losada

2º Premio – Daniel Méndez Fernández

A concelleira de Inmigración, Cooperación e Integración, Noelia Mª Ben, felicita “aos gañadores e gañadoras e quero aproveitar para agradecerlles a todas e a todos a súa participación nestes concursos”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here