Recoñecemento do Concello aos veteranos da SD Burela logo de gañar a Liga Provincial

O concelleiro de Deportes, Fernández Rey, sinalou: “agardamos que sirvan de exemplo para as xeracións que veñen detrás”.


O alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, participaron hoxe no acto de recoñecemento aos veteranos da SD Burela tras proclamarse campións da Liga Provincial de División de Honor de Veteranos de Fútbol.

Fernández Rey dixo: “o Concello sempre está a carón do deporte local polos valores que fomenta e pola promoción que realiza de Burela nas diferentes competicións nas que participan. Neste caso quixemos ter un recoñecemento cos veteranos da SD Burela”.

O concelleiro de Deportes sinalou: “agardamos que sirvan de exemplo para as xeracións que veñen detrás e para todas aquelas nenas e nenos que están a iniciarse en calquera deporte neste momento”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here