InicioCentralBurelaBurela decreta os servizos mínimos vixentes desde mañá ante a folga indefinida...

Burela decreta os servizos mínimos vixentes desde mañá ante a folga indefinida de Urbaser

O alcalde, Alfredo Llano, dixo que “deste xeito queremos garantir un mínimo de limpeza en Burela durante o tempo de duración da folga".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela decretou os servizos mínimos que prestará a partires de mañá Urbaser, data na que a empresa inicia unha folga indefinida.

O alcalde, Alfredo Llano, dixo que “deste xeito queremos garantir un mínimo de limpeza en Burela durante o tempo de duración da folga. Queremos que os contedores verdes se recollan coa cadencia suficiente para evitar complicacións sanitarias, agora que xa estamos na primavera e que as temperaturas xa empezan a ser altas. A proposta de servizos mínimos xa lle foi enviada a Urbaser”.

O rexedor agarda que “empresa e sindicatos acheguen posturas e que a folga remate o antes posible. Esperemos que esta situación non se prolongue moito. De todas formas no Concello estamos preparados para revisar os servizos mínimos que se estean prestando por si nalgún momento fixese falta modificalos”.

Urbaser encárgase da recollida do lixo en Burela, da limpeza viaria e das praias e tamén do punto limpo. Alfredo Llano pide “a colaboración da veciñanza co obxectivo de levar esta situación o mellor posible”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...