InicioCentralBurelaAs festas patronais de Burela comezan este 25 de maio coa mostra...

As festas patronais de Burela comezan este 25 de maio coa mostra “Burela a través dos libros das festas”

Publicada o

- Advertisement -

Mañá, 25 de maio, ás 20:00 horas será inaugurada na Biblioteca Pública Municipal a exposición Burela a través dos libros das festas, onde se poderán visualizar un bo número de exemplares comprendidos entre os anos 1947 e 2000. A mostra permanecerá aberta ata o 12 de xuño e poderá ser visitada de luns a venres de 9:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas.

A exposición foi organizada pola Comisión de Festas e pola Concellaría de Cultura. José Díaz subliñou hai uns días que “recordar nuestra historia y ponerla en valor es parte de la cultura de un pueblo”. Con este acto de inauguración darán comezo as festas patronais de 2023. Ao mesmo asistirán, entre outros, o alcalde, Alfredo Llano, o concelleiro de Cultura, José Díaz, a cronista oficial de Burela, Herminia Pernas, e a presidenta da Comisión de Festas, Toñi Eijo.

Xa o venres, día 26, ás 21:00 horas será a misa na honra da Virxe do Carme e a procesión desde a igrexa da Vila do Medio ata parroquial, que estará acompañada da Banda de Gaitas Dambara. O sábado, día 27, terá lugar o pregón a cargo de Albano González Cancio na Casa da Cultura, e actuación da Escola de Música de Burela. Ao seu remate está prevista a actuación tamén do dúo Manopuesta.

E o domingo 28 será o día infantil con inchables na praza do Concello ao longo da tarde. Esa xornada celebrarase tamén unha nova edición do rastrillo popular solidario na Praza da Mariña. As festas patronais de Burela continuarán ata o 6 de xuño con infinidade de actividades.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...