InicioCentralBurelaConvenio de colaboración entre Burela e Deputación de Lugo para remodelar da...

Convenio de colaboración entre Burela e Deputación de Lugo para remodelar da zona infantil

O concelleiro de Obras, Ramiro Fernández, contou que “o custe total das obras, que ascenderán a 145.000 euros, 115.000 serán financiados pola Deputación e o restante o Concello".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela levará a cabo obras de remodelación na zona infantil de xogos no parque Rosalía de Castro. O investimento ascende a 145.000 euros e a actuación lévase a cabo grazas ao convenio asinado coa Deputación Provincial de Lugo.

O concelleiro de Obras, Ramiro Fernández, contou que “o alcalde de Burela, Alfredo Llano, ven de firmar un convenio coa Deputación Provincial. Do custe total das obras, que ascenderán a 145.000 euros, 115.000 serán financiados pola Deputación e o restante o Concello, para a remodelación integral da zona dos nenos máis pequenos no parque Rosalía de Castro”.

O edil sinalou que “se notará moitísimo o cambio. Será unha zona na que poidan xogar ao mesmo tempo máis de 80 cativos, contará cun barco pirata que vai chamar moito a atención. Dentro da intención que tiña o goberno local de mellorar os espazos públicos, eu penso que isto vai ser unha mellora moi importante”.

Fernández Rey engadiu que “ademais disto, se o tempo segue acompañando, esperemos que estes días poidamos rematar outra obra adxacente á zona de xogos no parque Rosalía de Castro, onde imos colocar unha zona de calistenia para que a xente máis maior poida facer exercicio. Entendemos que é un complemento ao parque Rosalía de Castro para que tamén a xente maior poida facer uso do mesmo. O compromiso de mellorar as zonas de xogo e de lecer do noso pobo está aí e demostrámolo unha vez máis con esta actuación”.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...