InicioCentralBurelaRecibimento ao Burela FSF no Salón de Plenos pola Copa Galicia e...

Recibimento ao Burela FSF no Salón de Plenos pola Copa Galicia e a Copa Raíña

O alcalde, Alfredo Llano, subliñou que “quixemos unha vez máis recibir ao Burela FSF no Concello para felicitalas en nome de todo o pobo polos últimos títulos conseguidos".

Publicada o

- Advertisement -

No Concello tivo lugar este mediodía unha recepción ao Burela FSF, tras proclamarse campión da Copa Galicia e da Copa Raíña nas últimas semanas. O alcalde, Alfredo Llano, subliñou que “quixemos unha vez máis recibir ao Burela FSF no Concello para felicitalas en nome de todo o pobo polos últimos títulos conseguidos. Estas rapazas están a facer historia no fútbol sala feminino en España e no mundo e están a colocar o nome de Burela no máis alto. E isto tamén llelo quixemos agradecer co acto celebrado este mediodía no salón de plenos”.

O rexedor dixo: “queremos animar ás nenas e aos nenos de Burela á práctica do deporte polos valores que se inculcan desde os clubs deportivos e que se fixen en casos como as das rapazas do Burela FSF porque son un exemplo a seguir, son un espello no que poder mirarse”.

Desde o Concello “fixémoslle entrega dun trofeo nominativo á capitana do equipo, a Peque, polo que lle aportou ao fútbol sala en Burela nos anos que pasou aquí entre nós”, engadiu Alfredo Llano. Na recepción participaron o alcalde e a concelleira Carmela López.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...