InicioEconomíaSuspendida a folga de lixos de Burela tras un preacordo entre Urbaser...

Suspendida a folga de lixos de Burela tras un preacordo entre Urbaser e traballadores

Recolle melloras salariais e de condicións que se unen á recuperación do convenio de 2011.

Publicada o

- Advertisement -

Os traballadores de recollida de lixos e limpeza viaria de Burela suspenderon este venres a folga tras alcanzar un preacordo con Urbaser. En concreto, segundo confirmou Xoán Díaz, secretario comarcal dá CIG-Servizos, o preacordo recolle melloras salariais e de condicións que se unen á recuperación do convenio de 2011.

Así, este convenio xa recollía compensación por festivos, á que se sumará unha compensación adicional por domingos, e recuperarase a partir de xaneiro de 2025 o 100% do soldo en casos de IT por enfermidade común. Ata entón, a compensación será do 85%. En canto ao tema salarial, accedeuse a dúas pagas compensatorias, en 2023 e 2024, non consolidables, e a iniciar a recuperación do poder adquisitivo ao longo de 2025, 2026 e 2027, ata un total do 21%.

ÚLTIMAS

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

Alerta marela por ventos fortes na Mariña

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Vicepresidencia da Xunta, activou a alerta...

Acto vandálico no Photocall de Nadal instalado por ACISA Ribadeo

O photocall do Nadal de Acisa Ribadeo, instalado na rúa Rodríguez Murias, foi obxecto...

Iván Cabanas: “Ceibarrimas quere traer o rap á zona e animar á xente de aquí a rapear”

-Que é o Ceibarrimas e cal é a finalidade do mesmo? Consiste en facer “batallas...