InicioCentralBurelaConcello e Comisión de Festas propoñen atraccións para persoas con espectro autista

Concello e Comisión de Festas propoñen atraccións para persoas con espectro autista

A concelleira de Festexos,, Toñi Eijo, explicou que “todas e todos temos o dereito de poder gozar das nosas festas patronais, que entran xa de cheo nos seus días grandes".

Publicada o

- Advertisement -

Concello de Burela e comisión organizadora das festas propóñenlle ás atraccións do recinto feiral que funcionen sen música durante unha hora, de seis a sete da tarde, do 2 ao 5 de xuño para facilitar o disfrute das persoas afectadas por alteracións do espectro autista.

A concelleira de Festexos e presidenta da comisión organizadora, Toñi Eijo, explicou que “desde o Concello e desde a comisión organizadora das festas para facilitar que as persoas afectadas por alteracións do espectro autista, que padecen de problemas sensoriais, solicitamos ao recinto feiral de atraccións que ofreza os días 2, 3, 4 e 5 en horario de seis a sete da tarde o funcionamento desas atraccións sen música para que estas persoas disfrutar dos nosos festexos”.

Eijo engadiu que “todas e todos temos o dereito de poder gozar das nosas festas patronais, que entran xa de cheo nos seus días grandes. E queremos que neste 2023 sexan uns festexos o máis inclusivos posible. Por este motivo pedimos a colaboración das atraccións do recinto feiral nesa franxa horaria e durante eses catro días”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...