En colaboración coa Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela, a nutricionista Alba Vila celebrou este mércores 31 de maio a xornada divulgativa “Eu Como Peixe” dirixida aos nenos e nenas de cinco a oito anos do CEIP Fondo Nois (Foz).
O secretario técnico de OPP-7, José Manuel Beltrán, deu a benvida aos alumnos antes de dar paso a unha charla divulgativa sobre os beneficios de comer peixe, impartida pola nutricionista Alba Vila, que, ademais dos seus centros de dietética en Burela e Foz, tamén coordina os menús dalgún colexio da zona.
Os pequenos amosáronse moi atentos durante a presentación, seguindo os debuxos e explicacións sobre algunhas das principais especies da lonxa de Burela: pescada do pincho de Burela, peixe sapo, peixe espada, cabala e bonito do norte; e aprendendo as principais diferencias entre o peixe azul e o peixe branco.
No acto participaron 50 alumnos de primeiro, segundo e terceiro de educación primaria, que ao final da charla recibiron un regalo en forma de mandil e gorro de chef cos que prometeron que axudarán a cociñar moito peixe nas súas casas durante as vacacións deste verán.
Esta acción da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela inclúese no su plan de produción e comercialización, en colaboración con Armadores de Burela e está cofinanciada pola Xunta de Galicia e FEMPA.