InicioCentralBurelaO karaoke das festas de Burela retransmitirsase por Internet

O karaoke das festas de Burela retransmitirsase por Internet

A retransmisión poderá seguirse a través das redes sociais da comisión de festas, que se encarga da organización do evento, e da delegación de Cultura do Concello de Burela.

Publicada o

- Advertisement -

O Karaoke de adultos deste xoves, un dos eventos máis esperados todos os anos na semana grande das festas de Burela, poderá ser seguido en directo a través de internet.

É a primeira vez na historia do certame que as actuacións se abren máis aló da casa de Cultura de Burela, polo que poderá ser seguido desde calquera parte da Mariña ou do mundo. A retransmisión poderá seguirse a través das redes sociais da comisión de festas, que se encarga da organización do evento, e da delegación de Cultura do Concello de Burela.

Esta novidade permite que moita xente poida seguilo desde as súas propias casas sen necesidade de desprazarse, xa que en edicións anteriores o éxito da celebración foi tal que o aforo do adutorio de Burela completouse e moita xente non podía seguilo.

A realización corre a cargo da empresa audiovisual local Arracada Produccións, que xa realizou outras conexións como o desfile de Entroido de Foz, con máis de 8000 visitas, ou as xornadas técnicas de Expomar que cada ano séguense desde diferentes puntos de España ou altamar.

Arracada Produccións, empresa con máis de 10 anos de experiencia no mundo audiovisual e que continúa a saga de Foto Sergio, realizará a retransmisión con diferentes cámaras para que o público a distancia senta como uno máis preto do escenario. A emisión en streaming poderá seguirse tamén a través da canle de youtube @arracadapro da empresa:

https://youtube.com/ao vivo/0KzPfdUQJJY?feature=share

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...