InicioCentralBurelaO alcalde de Burela felicita as festas a toda a veciñanza

O alcalde de Burela felicita as festas a toda a veciñanza

O rexedor burelés dixo: “quero dirixirme a todos os veciños e veciñas de Burela para desexarlles que pasen unhas boas festas, que teñan moitos convidados e que se sentan orgullosos do pobo".

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Alfredo Llano, felicita as festas patronais á veciñanza. O rexedor anima a desfrutar dos festexos que entran de cheo nos seus días grandes.

O rexedor burelés dixo: “quero dirixirme a todos os veciños e veciñas de Burela para desexarlles que pasen unhas boas festas, que teñan moitos convidados e que se sentan orgullosos do pobo. Burela é un sitio moi bo para vivir e compartir con moita xente, aquí estamos e convivimos corenta e catro nacionalidades e, polo tanto, somos un exemplo claro de convivencia. Así que a desfrutar das festas, porque eu penso que se pasan ben. Creo que se encara o ano doutra maneira e con outro optimismo para ir pouco a pouco afrontando os problemas da vida. Desexo que o pasen todos moi ben, que sexa un ano moi agradable e que todos nos vexamos aí con ganas de desfrutalas”.

Servizo de limpeza

Alfredo Llano aludiu á desconvocatoria da folga no servizo de limpeza: “hai que significar que tiveron boa vontade. Hai que felicitar aos traballadores e á empresa tamén porque por fin chegaron a unha conclusión e iso é bo para o pobo, porque agora mesmo nas festas de Burela penso que se vai recoller todo perfectamente, vai estar limpo e aseado para que a xente que veña aquí non leve unha mala impresión. Foi moi importante logralo, iso tamén é para felicitalos porque cando nun conflito se chega a unha solución demostra que hai capacidade para resolver”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...