InicioCentralBurelaXornada de convivencia no Día Mundial do Medio Ambiente entre os CEIPS...

Xornada de convivencia no Día Mundial do Medio Ambiente entre os CEIPS de Burela

Con eles estiveron as monitoras de Gaia, que explicaron que “a primeira parte da saída consistiu na xuntanza do alumnado dos dous centros na praia de Arealonga en Fazouro".

Publicada o

- Advertisement -

Alumnado de 5º dos Ceips Virxe do Carme e Vista Alegre participou nunha xornada de convivencia para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente.

Con eles estiveron as monitoras de Gaia, que explicaron que “a primeira parte da saída consistiu na xuntanza do alumnado dos dous centros na praia de Arealonga en Fazouro. Alí fixeron pequenos grupos e coa nosa colaboración realizaron unha limpeza completa do areal do que lograron sacar uns 100 quilos de lixo”.

E engadiron: “unha vez rematada a recollida démoslles información sobre aqueles obxectos e materiais máis contaminantes dos nosos mares e océanos, e insistímoslles tamén na importancia de coidar o medio ambiente”.

Esta xornada de convivencia rematou na área recreativa da Pampillosa, onde a rapazada aproveitou para merendar e gozar de diferentes xogos todos xuntos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...